Rematamos lexislatura e charlamos co concelleiro de Emprego e Economía Social e cuarto tenente de alcalde, Alberto Lema. O mandato que rematou trouxo unha liña ascendente en pasaxeiros para o Aeroporto de A Coruña pero deixou pendentes moitos temas por resolver xa na seguinte lexislatura: as melloras de operatividade, o oportuno ou non de substituir unha terminal sobresaturada, a chegada de novas rutas e recuperar conexións internacionais… nós falamos con el destes e doutros temas a continuación.
¿En qué situación queda o aeroporto de Alvedro catro anos despois?
Eu diría que mellor. Sempre se poderían mellorar os números, pero básicamente temos un 20 % máis de pasaxeiros que hai catro anos. Segue a instalación no mesmo estado. Cando pasa o tempo necesariamente está peor, xa que hai un desgaste producido polo paso do tempo. Polo tanto nese sentido, peor xa que temos unha terminal catro anos máis vella que non recibiu os investimentos necesarios. E mellor porque temos un aeroporto con altas ocupacións, con máis competencia interna en canto as aeroliñas e que é un aeroporto que medra: non caeron rutas, as novas están funcionando e soportan tráfico.
¿Alvedro é de negocio ou Alvedro é turístico?
Alvedro creo que ten unha composición moi estable no seu pasaxe, a metade é negocio e o resto repártese entre turístico e étnico, a emigración… Eu non creo que ese perfil vaia a cambiar a curto prazo xa que ven determinado polo perfil económico da cidade, que é unha cidade na que están instaladas grandes empresas que moven moitos proveedores e moitos traballadores. Eu creo que ese número alto de perfil de negocios manterase pero si que nos interesa que o perfil visitante, e mailo perfil turístico vaian collendo mais peso.
¿Catro anos máis para…?
Ampliar o mapa de rutas de Alvedro. Eu creo que temos que buscar novas oportunidades. Alvedro é un aeroporto con excesivo peso das rutas domésticas, con moi poucas rutas internacionais, cunha única ruta internacional. Sempre temos esa idea, non por capricho, non de voar fora porque si, senón porque creo que hai moitas oportunidades que se abren cando tes un vóo de enlace que te poida levar a unha capital europea. E iso debería ser un dos obxectivos a medio prazo en Alvedro.
¿A qué cidades?
Eu más que falar de cidades falaría de países. Para nós, polo perfil de cidade, polo peso que ten o textil, o norte de Italia sería un perfil perfecto. Soñar sería que poidéramos ter conexión con algún dos outros dous ou tres hubs internacionais de Europa como Amsterdam, Paris ou Francfort pero sabemos que é moi dificil esa oportunidade porque a competencia é moi alta. Eso sería o óptimo. Se non fora posible conectarse cos hubs buscaría un destino secundario en Francia ou en Centroeuropa.
¿Vainos a afectar o Brexit?
A xente que viaxa con frecuencia ao Reino Unido xa se deu conta que as restriccións polo movemento de pasaxe comeza a ser importante. Un aeroporto hub debe ter unha facilidade enorme para poder moverte entre terminais, para poder coller o avión e que non che fagan no avión un checkpoint. O Brexit pon un pouco en claro xuizo esta categoría que ten Heathrow como maior aeroporto do mundo en conectividade. Claro que lle afectará pero Heathrow é o mellor aeroporto de Europa e é moi importante para nos estar ahí.
Entramos na lexislatura da Alta Velocidade. ¿Matará o AVE a Alvedro?
En absoluto. Eu creo que o perfil do viaxeiro que temos nós que voa a Madrid é un perfil moi, moi de negocios que ben busca un vóo de enlace ou busca chegar canto antes e volver a última hora. É evidente que o AVE nin enlaza nin chegará a primeira hora a Madrid. Si que afectará, por suposto, en parte á pasaxe con Madrid pero non business senon a outro tipo de pasaxe mais de fin de semana que en todo caso pode engrosar, aumentar o número de visitantes a Coruña. Pero eu non fago esas estimacións que teño lido en algúns medios de 200.000 pasaxeiros. Se baixamos, non superaremos os 100.000 viaxeiros.
Alvedro inaugurou a actual terminal cando se cumpliran trinta anos de uso da anterior, de 1963. Ímos outra vez a cumprir trinta anos de uso. Temos unha terminal dos 90 para os anos vinte. ¿Qué facemos coa situación de tremenda saturación e inoperatividade?
Eu creo que o problema de AENA é cando poñen as cousas por escrito e nelas a nós nos dan unha previsión de capacidade que xa está sobrepasada. O Plan Director, ao que pode acceder calquera, pódese ver a previsión que tiña AENA para Alvedro no 2019 que é inferior ao ano pasado. As cifras son as que son, Alvedro ten unha capacidade (segundo AENA) de 1,300,000 pasaxeiros se non me equivoco e é evidente que é a porta de entrada a Coruña e que esa porta de entrada está obsoleta. Hai unha carencia de moitisimos servicios, a terminal necesita ser ampliada, necesita ser mellorada. A nós o Plan Director nos parece ben, nos parece que mellora moito as prestacións de Alvedro pero preocupanos os tempos, porque estamos perdendo, non digo oportunidades para mellorar como aeroporto, senon oportunidades para poder planificar o crecemento. E despois a ampliación de pista tampouco resolveu o que se pretendía, que poideramos ter aquí vos de longo radio. Eu creo que ahí non se fixeron ben as cousas nas planificacións técnicas dos enxeñeiros, eu non son técnico pero sei que os efectos son eses, xa que básicamente de Alvedro poden despegar os mesmos avións que antes da ampliación, polo que tampouco se aumentou o ratio da pista. Nós non buscamos un aeroporto de cinco millóns de pasaxeiros, buscamos un aeroporto de dous millóns de pasaxeiros e Alvedro non é un aeroporto de dous millóns de pasaxeiros.
Fainos balance do ocorrido entre 2015 e 2019
Por poñer cifras, cando chegamos, se gastaban 4,5 millóns de euros/ano para un millón escaso de pasaxeiros e que o durante o ano pasado na Coruña por 1,3 millóns de euros tivemos un millóns douscentos mil pasaxeiros. Eu creo que o ratio euro/pasaxe canta por si mesma, non hai que engadir nin adornar nada máis. Aquí se pagaba por unha ruta de un vóo semanal a Charles de Gaulle medio millón de euros. Iso é unha auténtica barbaridade dende todos os puntos de vista. Demostramos que existe a posibilidade de negociar ben os acordos. Aquí nos convenios coas aeroliñas non se establecía un número de pasaxeiros e polo tanto non se sabía moi ben qué se negociaba. É unha incorporación que fixemos nos. Non me parece moi novidosa, páreceme moi de perogrullo pero é que antes non se facía. Eu creo que Alvedro medra, que é unha das boas noticias destes catro anos e que seguirá medrando. Insisto que o aeroporto ten que acompañar á evolución da cidade e agora mesmo pensamos que está quedando atrás
Mi enhorabuena por la entrevista.
Difiero en algunos puntos:
– La caída de pasaje a Madrid una vez entre el AVE será dos o tres veces mayor a la estimación de Lema.
– Si hubo cancelaciones de rutas desde hace 4 años, como el caso de Bilbao (ya recuperada), París o Lisboa. Aunque evidentemente, la situación actual es infinitamente mejor a la de hace cuatro años. Los datos de todas las rutas son muy buenos y reflejan la buena salud del aeropuerto.
– Me falta una apuesta por reforzar en frecuencias las rutas nacionales: Valencia, Barcelona, Málaga, Mallorca o Canarias.
– Me gusta la apuesta por conectividad europea, con focos en Milán, París y Ámsterdam, que deberían ser las prioridades a nivel europeo.
Buena entrevista, ahora a ver qué proponen los otros candidatos.
¡¡¡AHORA!!! se acuerdan de los vuelos internacionales en Alvedro. Que pasa con el pacto de estos 4 años Noriega-Ferreiro (Caballero pasó de ellos) cumplido a rajatabla para centralizar todo en San iago
Martes 21/5 ¿Hay una avioneta bi-motor calibrando todo el día el ils?